O outro día debatía cunha integrante do foro sobre o tema da limpeza dos oculares. Si, eses que empeza xa a acumular algo de merda polos numerosos ollos que os usan, pestanas que caen, dedos noxentos dos nenos/as que nas observacións públicas parecen ter ollos nas gadoupas... en fin, que hai algúns cristais que precisan un bo paso polo vertedoiro.
E aquí viña a discusión:
- Son lavables os oculares?
- Como, con que si, con que non?
Auga destilada e algún tipo de xabrón? Sen refregar? Con algodón ou algún tipo de cepilllo? Mergullando o corpo completo nalgún tipo de solución acuosa ou so as superficies visibles? Alcol isopropílico ou algún outro tipo de compoñente químico?
No seu día limpei un espello dun reflector que tiña unha boa capa de lixo, polo que non me treman as mans para encarar proxectos delicados de limpeza.
Se é moi complicado ou delicado, propoño que en certo departamento de certa facultade de ciencias compostelana, alguén a quen non vou sinalar monte un departamento de limpeza onde poidamos ir cos nosos aparellos
