|
Pablo Canedo
|
 |
« en: 08 de Enero de 2010, 13:11:23 » |
|
Copio aquí a resposta de outro post no que lle respondía a Ricardo acerca do necesario para robotizar un observatorio, para non misturar fíos:
Para o do observatorio, podedes ir pouco a pouco se os fondos non son moitos. Con unha simple caixa de relés podedes encender a distancia a montura, cámara, abrir a cúpula, etc, unha simple cámara IP tamén é imprescindible. E unha estación meteorolóxica e/ou sensor de nubes e/ou cámara allSky non vos viría nada mal tampouco. Isto é o básico.
Aínda que desta maneira necesitarás poder contar con unha persoa a poucos km do observatorio á que poidas chamar en caso de que algo falle, si se colga windows e se pon a chover, o tempo que che leva chegar desde Vigo, igual é demasiado...
Si queres algo un pouco máis autónomo, si podedes estirar un pouco a inversión, non estaría de máis un controlador ip, e respaldalo con un sistema controlador GSM por si todo falla poder cerrar a cúpula sen necesidade de nada máis que a enerxia de reserva que che proporciona o SAI (tamén necesario)
Todo isto para acceder ó ordenador principal e controlalo tipo escritorio remoto, teamviewer ou similar, si queredes facelo accesible a todo o mundo independientemente da idea ou experiencia que teña no manexo de software para astrofotografía, tamen existe software expecífico para esta labor que a simplifica a un par de clicks. Pero claro a inversión xa sería outra.
Non sei si xa contades con algún equipamento deste tipo nin o sistema de peche ou xiro da cúpula, estaría ben que deses máis detalles e sobre todo do presuposto co que contades.
E para todo o que necesitedes, e poidamos axudar, pide que para iso estamos. Aínda que cos expertos cos que contades por Astrovigo, non creo que sexa moi necesario.
|